A Pereira lembrou a Che do Butano e divertiuse coa Panorama City

Panorama City en A Pereira // Inaugurada a praza de José Martínez Turnes.

A localidade xalleira da Pereira gozou dun San Luis especial cun xusto recoñecemento que se fixo á figura de José Martínez Turnes “Che do Butano”. Descubriuse unha placa conmemorativa no campo da festa, nun acto que contou coa presenza de familiares, amigos e veciños seus.

Interviu o alcalde Alberto Romar, uns veciños, Alberto Calvelo e Juan Suárez, e José Manuel Túñez de Espectáculos Barquiña e axente de Gaias Eventos.

Xunto co emotivo “bautizo” dunha praza co nome de Che do Butano, e como lle gustaría ao finado, A Pereira volveu a converterse nun centro de diversión e música.

Animada sesión vermú co Trío Alborada e verbena coa orquesta Panorama City no ano da súa estrea. Non defraudaron. A verbena completouse coa discoteca móbil Disketoca e DJ Matrek e coa oferta gastronómica da Pulpeira Guerra.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos