Falece Ricardo Muñiz, un referente da música xalleira

O músico Ricardo Muñiz Blanco faleceu os 94 anos de idade. Un dos referentes da música en Santa Comba. Desde pequeno comezou tocando o saxofón na banda de música de Santa Comba, e formou parte da lembrada Orquesta Los Dinámicos, da Nova Charanga ou do grupo de gaitas da Terceira Idade.

Centos de partituras pasaron polas súas mans e a pesar das obrigas laborais, mantívose sempre conectado á música. Con paixón e con elegancia.

José Mata, Ricardo Muñiz, Andrés Espasandín e Juan Ramón Abelleira

En outubro de 2023 a asociación Axio Mouro, coa colaboración do concello, organizou unha merecida homenaxe a Ricardo Muñiz(DEP), Andrés Espasandín(DEP), José Mata e Juan Ramón Abelleira.

O mestre Ricardo Muñiz, que residía en Mourelle(Montouto) está sendo velado no Tanatorio Carracedo. Sala 1. Este xoves, 24 de xullo, ás 12 do mediodía sairá do Tanatorio para celebrarse o funeral e o enterro na igrexa e no cemiterio parroquial de Santa María de Montouto.

Descansa en paz Ricardo. E segue tocando as túas melodías alá onde viaxes. Desde aquí expresamos as nosas condolencias a familiares e amigos.

FOTOGRAFÍAS- Colección de Jorge Castelo

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos