30.6 C
Santa Comba
miércoles, julio 16, 2025

Festa da Carballeira histórica e 100% galega e feminina

40ª edición da Carballeira de Zas con Tanxugueiras, A Banda da Loba, SÉS, Mercedes Peón, Catuxa Salom, Señora, Carmela ou Caamaño e Ameixeiras.

Na cidade da Coruña tivo lugar a presentación do cartel da 40ª edición da Festa da Carballeira de Zas, que se celebrará os días 8 e 9 de agosto. Esta edición estará centrada integramente en artistas femininas como homenaxe ás cantareiras e ás mulleres da música galega.

No acto participaron o alcalde de Zas, Manuel Muíño; a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; e a representante de Estrella Galicia, Loreto Rodríguez Fuentes. Tamén estiveron presentes o director do festival, Fidel Otero, e as artistas SÉS e Mercedes Peón.

Un programa potente

A programación do venres 8 de agosto inclúe as actuacións, pola noite, de Catuxa Salom, Tanxugueiras e Agoraphobia.

O sábado 9 comezará ás 12:00 h coa música infantil de Uxía Lambona e a Banda Molona, seguida de A Banda da Loba. Pola tarde terá lugar a Gran Foliada, coa participación de agrupacións como Chorima, Gaiteiras de Xiradela, Pandereteiras de Raigañas, Gaiteiras de Buxantes, As Lerchas e Xela Cantareira. O proxecto Carmela pechará a sesión da tarde.

Na sesión nocturna do sábado actuará Caamaño Ameixeiras, seguida de Mercedes Peón, SÉS e Señora DJ.

A organización ofrece unha zona de acampada gratuíta próxima ao recinto do festival, con servizos de baños e duchas. O evento contará tamén con espazo gastronómico, feira de artesanía, zona infantil e sesión vermú. DESCARGAR FOLLETO COA INFO DAS ARTISTAS

Tanxugueiras

Entradas para a 40 Festa da Carballeira

As entradas poden adquirirse na web oficial do festival e nas súas redes sociais. Os prezos van desde os 10 € para o abono dun día ata os 18 € para os dous días en venda anticipada online. En taquilla, o custo será de 15 € por día ou 25 € polo abono completo.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, salientou o crecemento constante do evento e a súa relevancia dentro do panorama galego, ademais de agradecer o traballo dos voluntarios que o fan posible cada ano.“Supérase ano tras ano, só hai que ver as artistas que participarán na Carballeira deste ano para saber que é un dos festivais de referencia en Galicia” aformou.

Desde a Deputación da Coruña, Natividade González, subliñou o compromiso da institución co festival, ao que apoian economicamente pola súa capacidade para xerar riqueza cultural e manter viva a tradición.

Pola súa parte, Loreto Rodríguez, de Estrella Galicia, destacou a conexión entre os valores da marca e o espírito da Carballeira.

O director do festival, Fidel Otero, explicou que a decisión de facer unha edición integramente en galego e feminina responde tanto á celebración do 40 aniversario como ao contexto de recoñecemento ás mulleres da música tradicional.

Entre as artistas participantes, SÉS reivindicou o papel do festival como plataforma fundamental para a música galega e para a súa propia carreira, mentres que Mercedes Peón describiu a Carballeira como un espazo de resistencia cultural e autoestima a través da música.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,190SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos