O egrexio gaiteiro Guillermo Lourido Corzón faleceu este martes 3 de xuño ós 93 anos de idade.
Guillermo naceuen Pazos, en San Cosme de Antes(Mazaricos) o 9 de febreiro de 1932 e na actualidade residía en Negreira.
Comezou a tocar a gaita aos 9 anos e mantivo un idilio con este instrumento durante toda a súa vida (cun parón aos 65 anos), ofrecendo música e alegría por diferentes festas e eventos.
Aprendeu de maneira autodidacta e fixo gala dunha impresionante memoria, lembrando decenas de cancións ata os seus últimos días. En Radio Xallas deixou mostras do seu talento para sempre.
Lamentamos o falecemento deste excelente artista, custodio da nosa tradición e excepcional persoa. Trasladamos as nosas condolencia á súa familia e amigos.
Velorio- Tanatorio Negreira Memorial
Enterro- Mércores 4 de xuño – Saída do Tanatorio as 16:30 . Funeral e enterro- San Cosme de Antes- Mazaricos