17 C
Santa Comba
jueves, junio 19, 2025

Gran Xuntanza en Bos Aires para celebrar as Letras Galegas

As cantareiras galegas de Arxentina celebraron o Día das Letras cunha gran xuntanza en Bos Aires

As agrupacións de cantareiras galegas en Arxentina celebraron o Día das Letras Galegas cunha emotiva xuntanza na sede da Sociedade Parroquial de Vedra, en Bos Aires. O encontro, auspiciado pola Xunta e que reuniu a formacións de todo o país, combinou participación presencial e virtual, e estivo marcado pola música tradicional, a poesía e o entusiasmo colectivo, malia as fortes tormentas que afectaron a parte do territorio arxentino.

Desde Arxentina, a xalleira Fina Gerpe destacou o éxito da iniciativa: “Foi todo un éxito a pesar das tormentas torrenciais. Interpretáronse cantigas e poemas en galego. É a primeira vez que as Letras se festexan con tanto entusiasmo. Foi unha celebración á altura da nosa lingua”.

Santa Comba de Xallas

A cita reuniu a agrupacións como a Sociedade Parroquial de Vedra, o Centro Arzuano Mellidense, a Asociación Unión Residentes de Outes, as Cantareiras de Santa Comba de Xallas, Centro Galego Comodoro-Ribadavia, o Centro Galego de Rafaela, o Val Miñor de Bahía Blanca, o ABC de Corcubión, o Centro Galicia de Bos Aires, entre outros. As cantareiras do interior que non puideron desprazarse, como as de Rosario, enviaron vídeos, mesmo gravados na ruta onde quedaron varadas polas inundacións.

O delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, puxo en valor o labor das asociacións e das cantareiras na difusión da cultura galega e no fortalecemento dos vínculos entre Galicia e Arxentina. O encontro rematou cun canto conxunto e un abrazo simbólico entre todas as agrupacións participantes.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos