27.3 C
Santa Comba
lunes, junio 23, 2025

O CEIP Barrié de Santa Comba xa ten himno

Nunha entrevista en Radio Xallas, o director do CEIP Barrié de la Maza, César Ramos, anunciaba que con motivo do 50 aniversario do centro, ía a presentarse un himno do colexio.

Pois aquí está, cunha letra da alumna Clara Brenlla Golán e música de Emilio Lois, que se encargou da gravación e a mestura. A mestra de inglés e actual xefa de estudos, Sonia Rodríguez colaborou coa a voz, acompañada nos coros polo alumnado de 5ºB.

Agora a comunidade educativa xa pode presumir de himno propio.O 24 de maio terán lugar os actos conmemorativos cun xantar de confraternidade, exposición fotográfica e actuacións musicais.

Este e o himno

No cole de Santa Comba
estamos a festexar,
que xa hai 50 anos
que empezaron a ensinar.

Gocemos todos xuntos,
Gocemos estudando.
(RETROUSO)

Sendo meu pai pequeniño
veu estudar ao Barrié;
agora que son eu moza
veño facer coma el.

RETROUSO

Sempre que imos ao Barrié,
temos gañas de xogar
de ver os nenos e nenas
para poder desfrutar.

RETROUSO

Ensinantes do Barrié
moito tedes que aguantar
porque somos moi fedellos
e só queremos xogar.

RETROUSO DÚAS VECES

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!



Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos