Festa do acordeón en Santa Comba.
Un ano máis Santa Comba foi punto de encontro dun grupo numeroso aficionados o acordeón procedentes de distintos recunchos da provincia, que se se xuntaron na tradicional cea anual en Restaurante Leandro.
Con asombrosa puntualidade británica comezou a cita, cun saúdo do profesor e alma máter de toda esta fermosa historia, José Manuel Suárez.
Despois chegaron as vieiras, as carnes, o sorbete e a sobremesa. Un sorteo de agasallos , e como non podía ser doutro xeito, a música.
VER IMAXES
Máis de duascentas persoas unidas a carón da música. Uns tocando e outros gozando do momento. Acordeonistas en acción. Un Exército que segue con boa saúde disparando alegría e música.
E logo neste campo de batalla cultural, uníronse as pandeiretas, as voces e as gaitas. E como broche a actuación dun gran profesional como Alberto Suárez, un dos compoñentes do trío Alborada que tanto ten que ver como esta magnífica velada, que un servidor tivo a sorte de vivir na compaña de amigos e coñecidos.