Coñecida polas súas fotografías, Lorena Blanco Guillín falou en Radio Xallas “A las personas que me quisieron y a mí”, un libro no que segundo confesou a propia autora, o lector pode “encontrar un montón de experiencias e aprendizaxes da vida” nunha idea que xurdiu froito da “necesidade vital de quitar cousas de enriba , que pesaban”.
Era algo que pedía o corpo “Abrín a válvula e escapou todo, foi unha terapia ben rematada ”.
Asegura que “hai xente que se sente reflexada”. Non o dubidamos. Lorena fai poesía cunha cámara fotográfica pero tamén reflexiona en carne viva diante dun papel.
Un libro aberto
“As veces somos máis duros con nós que co resto, xulgámonos duramente en situacions semellantes a de outras persoas” explica.
É unha escritora valiente. Sabe que pode ser útil a sociedade aínda tratando temas socialmente un tanto estigmatizados. “Falo da saúde mental moi abertamente porque é necesario”.
Acaba de presentar “un libro que non ten fin” xa que cambia con ela pero promete que algún día rematará para empezar a escribir outro.