10.3 C
Santa Comba
jueves, mayo 8, 2025

Sonia Calvo: ”Escribir é unha liberación”

A xalleira-bergantiñá Sonia Calvo Álvarez presentou en Radio Xallas o poemario “Un amor de poesías” que se distribúe desde a plataforma Amazon.


Recolle textos dos últimos tempos con outros de antano. Escribir é para Sonia “unha forma de liberación, de sosego, de tranquilidade. É unha terapia” que practica “desde pequeniña” e que formaliza cando sente a chamada interior:


“É unha cousa puntual. Non é algo constante. Eu escribo por necesidade. É dicir, nun momento que se colapsa o corpo, a mente, non hai escapatoria, colles papel e lapis. É necesitas escribir”.

«Un amor de poesías»


“Un amor de poesías” xa explica ben cal é a súa esencia: “Este libro describe o sentimento do amor, plasmado dunha maneira moi intensa , e creo que bastante clara e concisa” sinala Calvo.


Considera que a mensaxe de cada texto é nítido aínda que comprende que sempre hai diferentes visións e interpretacións “e iso é bo que se miren as cousas con diferentes perspectivas”.


Son poemas íntimos de Sonia Calvo, que falan dos vaivéns emocionais, do gozo, da intensidade, da tensión e dos latexos, de todo o que entra no círculo inmenso de algo tan importante. Como diría o poeta: “esto es amor, quien lo probó lo sabe”.

Podes adquirir o libro desde este enlace

Escoita a entrevista en Radio Xallas- Desde o minuto 60

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos