A escritora Maica Gorgal abrirá este vindeiro venres 25 de abril o ciclo de encontros literarios “Verbas da Terra”, organizado polo concello de Santa Comba, e que se desenvolverá na Biblioteca Municipal xalleira.
A autora de libros como “La casa de la Mina”, ambientada na aldea de Randufe e na Mina de Varilongo, intervirá a partir das 20,00h.
María Carmen Caramés Gorgal foi entrevistada en Radio Xallas en maio de 2024 onde falou da súa traxectoria.
Podes escoitar a entrevista desde o minuto 63
Será a primeira das convidadas dun ciclo que continuará cos seguintes encontros
9 de maio- Lorena Guillín
16 de maio- Regina Muñiz e Natalia Lema
23 de maio- Cristina Guillín
30 de maio- Manuel Durán.