Armada coa súa pandeireta, María Mourelle, visitou Radio Xallas, onde espallou o seu arte e abriu o grifo da súa memoria para cantar coplas da nosa fértil tradición e para contar historias da Mina de Varilongo, das terras de Grixoa de Esternande e Boaña, dunha sociedade xalleira doutra época e da súa vinculación cos cantares e a música.
Unha conversa moi entretida na que tamén participou o seu sobriño e, entre outras cousas, gran activista cultural, Xosé Abelenda e a súa nora, Elena Recarey.
Estas son algunhas imaxes da súa visita a Radio Xallas
E aquí a partires do minuto 60 podes escoitar a entrevista completa na emisora xalleira.