7 C
Santa Comba
martes, abril 15, 2025

Icía Varela: “Que este ano nos faga abrir un pouquiño a mente, e comezar a valorar o que temos”

Icía Varela e Xosé Manuel Varela escribiron “Cantareiras”. Unha proposta que chegou a Xosé Manuel desde a editorial Xerais e que coincidía cun “pensamento pasado” da súa filla:

“Estas mulleres precisan de ser nomeadas, teñen que saír do anonimato. Temos que coñecelas con nomes e apelidos. Esta idea levaba tempo rondando na miña cabeza”.

«O 98 % foi unha aprendizaxe»

E aínda que Icía, profesora de pandeireta, é unha persoa conectada coa cultura este libro permitiulle “coñecer moitísimas cousas, o 98% foi unha aprendizaxe, porque partimos da base que pensamos que o sabemos todo. E é mentira, non sabemos nada”.

Unha das protagonistas deste libro é Eva Castiñeira, unha labrega de Agranzón(Muxía). “A casa de Eva Castiñeira, na primeira planta era un salón de baile, onde Eva sempre tocaba e cantaba moi ben”, e acabou compartindo cartel co inolvidable Pazos de Merexo.

Eva acabou marchando para A Coruña. Dun xeito máxico, unha persoa escoita a súa voz e xurde a conexión coa discográfica Ruada, que a inmortaliza. Chega a colaboración con Milladoiro.

Unha desas persoas fundamentais é Tino Maceiras que acredita nunha Eva Castiñeira que se comporta no estudio de gravación “como se estivese acostumadísima a gravar discos, cun carácter natural, extrovertida e divertida”. O son da pandeireta acompaña en toda a lectura. Con Adolfina e Rosa Casás e a súa singradura musical desde Cerceda. Sucédense as historias fermosas neste libro.

As de Mens

E as de Mens (Prudencia, Teresa, Asunción, Manuela e Adela). Como contou Icía Varela en Radio Xallas :”As de Mens viaxaron a Bos Aires, a Francia e a Portugal e as familias quedaban na casa e dábanlle permiso. Naquela época (Anos 70 e 80) non era fácil que unha persoa marchara de Mens”.


Tamén foron criticadas. Eran outros tempos. Pero acadaron moita sona: “Pasaron de ser unhas mulleres labregas, unhas amas de casa, a ser unhas artistas, viaxando en avión por todo o mundo”. Un nome que, por xustiza, debe aparecer é o de Dorothé Schubarth “unha muller a que eu tamén lle adicaría indirecta e directamente ás Letras Galegas deste ano”.

E que Varela amplifica necesariamente esta homenaxe: “Estas Letras Galegas son unha extensión a todas as pandeireteiras de Galicia”. E que estas celebracións sirvan “e que este ano nos faga abrir un pouquiño a mente, comezar verdadeiramente a valorar o que temos”.

Libros como “Cantareiras” sen dúbida contribúen a ese digno propósito.

Entrevista a Icía Varela en Radio Xallas- Desde o minuto 60

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos