7 C
Santa Comba
martes, abril 15, 2025

“Sei cantar e sei bailar”, un libro ilustrado para homenaxear ás cantareiras

“Sei cantar e sei bailar”(Xerais) e un libro onde conviven os fermosos debuxos de Lucía Cobo e as acaídas letras de Eva Mejuto.

Unha maridaxe fabulosa para dar a coñecer e homenaxear a mulleres estupendas a través dun caderno imaxinario dunha peregrina máxica da nosa cultura, a grande Dorothé Schubarth.

Adolfina e Rosa Casás, as pandereteiras de Mens (Prudencia, Teresa, Asunción, Manuela e Adela), a muxiana Eva Castiñeira. Mulleres que abandeiran un sentimento inmenso.

Estas mulleres ás que se adica o Día das Letras Galegas son un mascarón de proa de de moitas outras. Así o aseguraba Eva Mejuto nunha entrevista en Radio Xallas.

“Estas mulleres as que se homenaxean con nome e apelidos non deixan de ser un símbolo de centos e milleiros de mulleres que estiveron alí, moitas veces inventando cancións, outras veces tocando, outras veces cantando, bailando, pero mantendo viva unha lingua, unha cultura e unha tradición”.

Eva Mejuto

E Dorothé

Sobre Dorothé Schubarth sinala: “Ocorreuseme enfiar a historia a través de Dorothé, unha grande compiladora, musicóloga suiza, que foi autora xunto con Antón Santamarina do cancioneiro popular galego”.

Unha muller excepcional que “falaba da música como dos tesouros, ela buscaba música ancestral, a música como esencia dunha cultura, dun pobo”.

Entrevista en Radio Xallas a Eva Mejuto- Desde o minuto 35

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos