7 C
Santa Comba
martes, abril 15, 2025

XIV Primavera Teatral de Paiosaco

A Primavera Teatral regresa a Paiosaco durante o mes de abril coa súa 14ª edición, sendo a cita de referencia cultural desa localidade na programación cultural municipal.

Do mesmo xeito que nos anos anteriores, o cartel está formado por tres obras de diferentes xéneros, e todas elas con entrada gratuíta para o público ata completar o aforo da sala. Ofreceranse temáticas diversas e sen custe para os asistentes co propósito de fomentar a participación cultural e facer do teatro unha actividade accesible para todos os públicos.

Como é habitual, as funcións celebraranse sempre en venres, ás 21:00 horas e no Centro Sociocultural de Paiosaco, cos seguintes títulos e datas:

Venres 4: Made in Galiza, de Sarabela Teatro. Escenificada por Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Josito Porto, a peza é protagonizada por uns avós que non se entenden coa súa propia familia porque falan en diferentes idiomas. Trátase dunha comedia que abre as portas ao humor reflexivo sobre a lingua galega.

Venres 11: As Gardías, ou o nó do tecelán, de Teatro de Ningures. Cun elenco composto por Casilda Alfaro, Melania Cruz, Amparo Martínez, Rebeca Montero e Sonia Rúa, o espectáculo reflexiona sobre os coidados á vellez, contrastando o mundo das residencias protexidas co calor humano da familia e a comunidade.

Venres 25: Cortello de amor, de Amorodio Teatro. Comedia escenificada por Carmen Facorro e Javier Castiñeira que trata a problemática dos prezos dos alugueiros e do turismo non sostible.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos