9.7 C
Santa Comba
martes, marzo 11, 2025

A xalleira Amalia Blanco recolleu o XXXIV Premio Literario Camilo José Cela

A xalleira Amalia Blanco Pose recibiu a estatuíña que a acredita como gañadora do premio literario Camilo José Cela nun acto presidido polo alcalde de Padrón, Anxo Arca.

O galardón está dotado ademáis con 1.500 euros. A obra “No neghro da ialma” desta veciña de Santa Comba de 18 anos , foi a escolliada entre as 123 propostas presentadas.

O acto celebrouse no Paraninfo da Fundación Pública Camilo José Cela e contou tamén cun recital lírico a cargo da soprano Beatriz Vázquez Lorenzo, acompañada ao piano por Ría Garrido.

Estilo peculiar de Amalia Blanco

O xurado, presidido polo alcalde e responsable da área de Cultura, Anxo Arca, estivo composto por expertos de diversos ámbitos literarios e educativos, que destacaron a obra gañadora pola “peculiaridade do seu estilo, que emprega unha ortografía propia, e pola súa visión marxinal da sociedade”. O xurado tamén resaltou a singularidade do uso da gheada e do seseo na obra, elementos pouco habituais nos concursos literarios.

Amalia Blanco Pose explicou que No neghro da ialma é unha obra profundamente persoal na que transformou os sentimentos dunha etapa escura da súa vida en ficción.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos