Desde a asociación Axio Mouro seguen traballando na recuperación das tradicións e no fomento da cultura. Tal e cómo explicou Jorge Castelo Mourelle en Radio Xallas, nesta ocasión buscaron outra actividade que collera o testemuño do chamado “Entruido do Burro”.
Percorrido
E así teremos un Entruido con Varreduiros e Ben Bonitos que percorrerán as rúas e os bares de Santa Comba o venres 28 de febreiro desde as 16,00h.
O sábado a partir das 11 da mañá faranse ver por Truebe, San Cristovo e Tapia e pola tarde, desde as 16,00 por Armán, Grixoa, Mallón e Vilar de Céltigos.
Sobre os Entruidos no oeste coruñés publicou Jorge Castelo unha interesante reportaxe no Blog O Son da Curuxa . A foto da portada pertence a ese artigo.

