María Mourelle: ”Este sobriño é moito sobriño”

Hai historias que emocionan a calquera. E máis se coñeces os seus protagonistas. O inquedo Xosé Abelenda foi o culpable desta fermosa experiencia para María Mourelle.

Veu adrede desde Suíza para levar a súa tía ao programa “Quen anda aí?” da TVG. Enganada Mourelle viaxou desde Boaña de Arriba, en Castriz, ata Ordes, co seu sobriño e coa súa fiel pandeireta.

Alí conversou con Marcial Mouzo e con Juan Fuentes. Contou a súa experiencia na mina de Varilongo e a súa afición artística.E evidentemente, María Mourelle tiña que cantar. E cantou. Con 91 anos e con moita clase.

Abelenda aproveita cada segundo para facer patria. Para citar a súa terra, Grixoa de Esternande. E tamén a Boaña. E a comunidade galega no exterior. E aínda tivo oportunidade de anunciar o Festival Galiza Celta de Delémont que se celebrará o vindeiro 10 de maio.

E un detalle. Unha conversa co logotipo de Adiante Diario ben visible, o que desde aquí agradécese.

A historia de María Mourelle Martínez xa a contamos aquí. E como dixo ela: ”Este sobriño é moito sobriño”

LIGAZÓN AO PROGRAMA QUEN ANDA AÍ?- CLICK AQUÍ

Lembramos a nosa conversa con María

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos