8.1 C
Santa Comba
viernes, febrero 13, 2026

A Banda da Loba lanza «Lovismo»: reflexionar con música sobre o amor

A Banda da Loba lanzou “Lovismo” este 17 de xaneiro. O mesmo dia tiña o pracer de conversar coa guitarrista do grupo, no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.


“Estamos moi ilusionadas, moi contentas do resultado e de que o traballo que puxemos nel pagase tanto a pena” comentaba Iria do Cabo.
Un disco dun grupo que “non se ata a un estilo, pero sempre querendo facer ben as cousas. O disco está cheo de sonoridades distintas, de ritmos distintos, e penso que iso tamén é un punto a favor”.

Foto-Sonia García

Lovismo, un prisma do amor


E aquí temos “Lovismo”, unha expresión que para Iria é “un prisma, porque son varias caras do mesmo obxecto, do amor, neste caso. Enfocamos o amor dende varios planos, dende as sorodidades, e o amor a unha mesma, o desexo, que tamén é tan importante falar del, do amor ás novas persoas que veñen, tanto como amor romántico, como, por exemplo, ás fillas”.


Un traballo que convida á reflexión:

“Eu creo que este disco na xente pode realmente significar unha transformación, como dí o tema Lova. Unha reflexión sobre algo que temos a cotío nas nosas vidas, que é o amor, sexa o amor á parella, o amor á familia, o amor ás amigas, e reflexionar un pouquiño sobre como levamos o noso día a día”.

Un disco onde latexan versos de Rosalía de Castro, Olga Novo ou Luísa Villalta. Onde o pop convive coa bachata ou o arrolo.

O 1 de febreiro presentan “Lovismo” cun concerto na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Cancións do disco
Lova
Amigas
Un pelouro que roda
A bachata da gata
Agora
Estreliña riscada
Salta
Xogo de Agardar
Cruel filosofía
E o mar
Olliños

Entrevista a Iria do Cabo en Radio Xallas- Desde o minuto 60

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos