14.5 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Ailá reparte flores musicais co seu Tradimensional

Desde o meu punto de vista, Ailá é unha das propostas máis interesantes da música tradicional de Galicia dos últimos anos e con este disco “Tradimensional” confirman ese pensamento e elevan o seu propio listón.

O cuarteto formado por Ángela Carou, Manuele Pardo, Manuela Fraguela e Xan Pampín presentan dez temas no seu cuarto disco que como nos comentaba Xan Pampín en Radio Xallas é “Unha continuación do noso traballo, unha recompilación de temas inspirados na nosa tradición con esa visión sen fronteiras que temos”.

E fano con paixón e amor pola tradición: “Facer música tradi vai moito máis alá do musical. É un proceso culturizador, unha actitude para tecer valor en comunidade a través duns códigos identitarios que se aprenden, coñecen, transforman e se transmiten polo pobo” reflexionaba Pampín.

Hai cancións vinculadas a comarca de Bergantiños, Costa da Morte e Xallas. Desde Ailá destacan “a enerxía singular” e “potentísimo” patrimonio da comarca de Bergantiños cun “folclore de raíz” que o diferencia doutras zonas.

FOTOS- Álvaro L. Barreiro

Temas do disco Tradimensional de Ailá

Maneo e Pandeirada de Erbecedo

Pasodobre de Brañas Verdes

Xota de Pazos de Borbén

Muiñeira das Nosas Festas

Para Bailar a Mazurka

Pateado e Muiñeira de Soutelo a Grixoa
A Donzela Guerreira

Canto de Arrieiro

Muiñeira do Folgoso

Xota de San Salvador

Tradimensional conta coa colaboración das pandeireteiras da AF Cantigas e Agarimos,Xan Ferrás, as pandeireteiras da OCT Ultreia, Icía Kirk, Os Carecos, Andrés Pérez,Nikolay Velikov, os pandeireteiros da AC Cántigas e Frores, Daniel do Pando e as Ferriñas Bravas da ACF O Fiadeiro. Pode escoitarse desde as plataformas dixitais.

Entrevista en Radio Xallas a Xan Pampín – minuto 60

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos