8.1 C
Santa Comba
martes, enero 14, 2025

Cantareira, palabra do ano 2024 en Galicia

A palabra “Cantareira” impúxose na votación popular promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras, con 25% dos votos por diante de “meu, miña” que acadou un 23% dos votos, cunha lixeira vantaxe sobre “fala”.

A cuarta posición foi para “aparvar(se)”. A continuación quedaron as outras opcións finalistas “dina” e “emerxencia climática”.

“A Palabra do Ano 2024 soa a poesía e música, a gana de compartir bos momentos, a voz feminina e colectiva, a lingua propia” destacan desde a Real Academia Galega.

Lembran que o ano 2025 será moi especial: “A palabra cantareira(s) designa as protagonistas do Día das Letras Galegas 2025, festa que a Real Academia Galega dedicará á poesía popular oral e ás mulleres que cantan e crean cantigas”.

Dende 2014 o Portal das Palabras convida ademais a todas as persoas que o desexen a participar na escolla da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores foron elixidas cibercarracho (2023) comadre (2022), tanxugueiras (2021), nós (2020), sentidiño (2019), deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —coincidindo co centenario das Irmandades da Fala—, refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos