Belém Tajes acaba de publicar “Amar o mar”: “Este disco é unha receta coas cousas que máis me gustan”
A artista, con fondas raíces an Arou, na Costa da Morte, explicou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas que este traballo “é unha viaxe moi experimental, na que hai cancións típicas, máis normais e logo cousas menos habituais que van engarzadas ás outras cancións e dan unha sensación de música global”.
Na traxectoria musical de Belém Tajes sempre hai un latexo cosmopolita. En “Amar o mar” recolle “todas as miñas influencias e lugares de onde veño, un primeiro disco tamén é unha cousa moi naif e quería que tivera todos eses ingredintes, unha receta de todos os procesos e momentos e das cousas que máis me gustan”.
«Co mar teño unha relación de amor e de rabia»
E como pano de fondo o mar. O mar de Arou que a acompañou, e o mar máis lonxano que separa Galicia da Arxentina.
“O Mar é unha relación de amor e tamén de rabia. Un lugar de calma pero tamén unha fronteira” comenta. “Gústame moito pasear pola praia desde que vivía en Arou”. Pero tamén era unha barreira líquida que a separaba dos seres queridos.
A artista buscaba un disco “heteroxéneo” que xuntara “un pouco de música galega, un pouco das miñas raíces arxentinas. Música tradicional, un pouco de música electrónica, pop, moitas cores… ”
“Amar o mar” inclúe os seguintes temas: “Fuego Eléctrico” (Con Marilia Monzón), “Samurai”, “Miniatura”, “No bailes”, “Incertidumbre”, “Rosalía en Razo” (Con Rosalía Fernández Rial), “Cormorán”, e “Arou 79” (Alex Silva remix)”