12.9 C
Santa Comba
jueves, noviembre 28, 2024

Os do Fondo da Barra, os cantos de taberna soben ao escenario

Os do Fondo da Barra lanzou este ano seu primeiro disco titulado “Banzo” cun feixe de cancións moi vencelladas á comarca como o “Pasodobre de Meanos”, “Xota de Carreira” ou a “Muiñeira de Carnés”.

Nunha entrevista en Radio Xallas, un dos compoñentes da banda, Quique Peón explicou como “este grupo xurdiu no seo do grupo Xacarandaina, está composto por compoñentes e ex-compoñentes do grupo, que nos gusta cantar xuntos, íamos a cantar de tabernas”.

Acabaron lanzando un disco e ofrecendo os primeiros concertos, por exemplo na Festa da Carballeira ou no Teatro Colón.

“Xa levamos un tempo cantando xuntos pero demos unha volta de torca e musicamos todos os temas e demos un punto máis folk, digamos”.

«Banzo» un espectáculo de arte escénico

E desde hai meses, nas plataformas musicais, xa se pode escoitar este disco “Este Banzo, como chanzo, é subir un banzo dentro da música dos homes, porque os cantos de taberna son músicas que estaban única e exclusivamente para os homes”.

A conexión de Quique Peón coa zona é coñecida: “Eu non son da comarca do Xallas ou de Bergantiños, pero case, porque dei clase de baile e de canto tradicional na comarca durante vinte e tantos anos”.E nestas terras fixo un tremendo traballo de campo.

Con respecto ao novo traballo, Peón destaca que hai máis ca música: “Non podo escapar dos meus planteamentos escénicos, e Banzo é un espectáculo de arte escénico, facemos unha posta en escena moi pensada e moi traballada, moi teatral, que a ninguén de momento deixou indiferente”. Son Os do Fondo da Barra.

Entrevista a Quique Peón desde o minuto 60

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,330SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos