“Neura”, diversión e empatía a través dunha comedia neurótico festiva

Comentaba en Radio Xallas, a actriz Stephy Llaryora, que Neura “é unha creación colectiva que parte da idea de quitarlle o estigma ao tema da saúde mental a través dunha comedia neurótico festiva”.

Así é. A representación desta obra dentro do ciclo de artes escénicas do concello de Santa Comba logrou o seu obxectivo e gustou ao público.

Esta quinta produción de De Ste Xeito Producións é un espectáculo dinámico, neurótico, divertido, onde Stephy Llaryora e Sergio Macías intercambian, con mestría e axilidade, diferentes papeis que complementan os protagonistas. Dous ex que se reencontran. Cada un coas súas cousas.

Unha comedia intensa e con moito humor. Pero tamén con mensaxe e reflexión. Con esa chamada a comprensión e a empatía en relación coa saúde mental.

A compañía xa deixara o listón alto en Santa Comba coas anteriores representacións, “Lolo y Mamá”, “Running” e “Feminísimas”. Nesta ocasión, subimos un chanzo máis.

Entrevista a Stephy Llaryora en Radio Xallas- Desde minuto 62

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos