Manuel Durán Gómez cumpriu o seu soño e xa ten editado o seu libro “Amor de terra” quese presentou o sábado 13 de xullo en Ler Librerías de Santa Comba.
Como contou en Radio Xallas en varias ocasións, a distancia marcou a súa relación cos versos. Marchou con 15 anos para Suíza. “Antes había que escribir cartas, e no bloc das cartas comenzei e escribir poemas” lembra.
Igual que outro xalleiro, Xosé Caamaño Andrade, as feridas da emigración encontraron un bálsamo nas letras.
E o cantor do Cubelo foi enchendo libretas de textos. E de volta á terra continuou escribindo. E unhas cantas ducias desas composicións conforman este libro.
Poemas autobiográficos, outros dedicados ao Cubelo ou o Río Xallas, coa emotividade que agroma do corazón inmenso de Manuel Durán. Hai letras que golpean no peito como “A estrela do norte”. Imaxes reais da vida xalleira e tamén o recurso da ficción.
Este xalleiro autodidacta xa ten o seu primeiro libro. E iso é unha boa noticia.