Xa con lexións de irmandiños cargando forzas cos “Pinchos Irmandiños”, todo está preparado en Vimianzo para unha nova edición do Asalto ao Castelo.
Un dos arietes deste ataque será Manu Chao, que acaba de anunciar o lanzamento dun novo disco con temas inéditos 17 anos despois do último traballo.
Xa adiantou un par de temas que formarán parte do disco que se editará en setembro, titulados “San Paulo Motoboy” e “ Viva Tu”.
Na Terra de Soneira ofrecerá un espectáculo acústico desde as 9 da noite do sábado. As entradas están esgotadas. Pero no cartel musical figuran actuacións de libre acceso.
Este venres 5 despois da Cea Medieval actuarán Mondra e Monoulious Dop (00:30h).
O sábado haberá unha feira artesanal, o Asaltiño, o desfile das Irmandades Parroquiais que segue medrando, sesión vermú con Coídos e A Quenlla (12,30h) ou un completo circuito musical con un concerto de Flow do Toxo (praza do concello 20:00h).
Antes do Asalto ao Castelo, actuará Manu Chao. Ás 23:30h será o momento dos fachos e do asalto e a partir das 23:30 pasarán polo escenario los veteranos Boikot, e a artista vasca Josune Arakistain coa súa trikitixa co seu novo proxecto SÜNE. Xa estivo na pasada edición do Asalto formando parte de Hüntza.
Completan o cartel Os Festicultores.