Belém Tajes é unha artista ecléctica pero que bebe nas raíces. O que non sabía que na fonte da tradición musical encontraría a unha muller que tanto a inspirou, a súa avoa Genara.
Para unha musicóloga e artista descubrir que a súa avoa foi informante da gran Dorothé Schubarth debe provocar un subidón tremendo.E aí está, xunto con outros veciños de Arou, no Cancioneiro Popular Galego.
“Chegou a min unha gravación dunha señora e resultou ser a miña avoa, foi alucinante”, comentoume Belem nunha entrevista en Radio Xallas.
Ese encontro con Dorothé Schubarth coincidiu cunha estancia da avoa en Galicia en 1979 (xa que emigrara á Arxentina).
E así naceu esa composición “Arou 79”, como nos comenta Belém Tajes:
“Púxenlle voces miñas e percusións para darlle un aire máis actual e experimentar moito”.
E así se artellou este “traballo de arqueoloxía musical” dunha cantante e compositora que prepara un disco para os primeiros meses de 2024. A serea de Arou non para e segue coa súa intención de “probar moitas cousas distintas”.
Para escoitar a entrevista , a partir do minuto 60


