Presentación en Santa Comba do último libro de Fernández Abella

Santa Comba acolle este vindeiro sábado a presentación do libro que Xoán Xosé Fernández Abella non puido ter nas súas mans xa que faleceu o pasado 17 de agosto.

A presentación de “Últimos poemas de eloxios e outros poemas”, publicado por Edicións Fervenza, terá lugar este sábado 21 de outubro en Ler Librerías de Santa Comba, a partir das 18h.

No acto participarán a a profesora Diana Pastoriza Espasandín, o historiador Amancio Liñares Giraut e o escritor Xosé Manuel Lobato Martínez.

Os poemas de Fernández Abella

Segundo explican desde Edición Fervenza estes poemas “son unha clara mostra do seu legado na escrita, con versos marcados pola louvanza e eloxios que Abella quixo deixar patentes neste libro a distintas persoas que el admiraba ou que foron parte importante na súa vida e tamén un recoñecemento a outras persoas destacadas da literatura, a música e outras artes que neste poemario se ven reflectidos.

O libro ten ilustracións de María Guerrero e un limiar do profesor e escritor Xesús Alonso Montero, que sinala que este libro está “gobernado pola bondade e a poesía”.

A edición conta coa colaboración do establecedmento O Encanto do Camiño, de Lamela en Silleda, Pontevedra.

Unha presentación en Santa Comba que tamén servirá para render unha homenaxe póstuma ao autor nado en Monforte de Lemos.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos