Leilía actuou en Negreira coa súa xira de despedida

Leilía ofreceu en Negreira “Vidas cantadas”, un espectáculo moi aplaudido polo público.

Leilía chegou coa súa xira de despedida ao auditorio “Afonso Eanes do Cotón” que se encheu para gozar nun concerto dunha veterana banda que destaca polo seu talento excepcional e dedicación a preservar e promover a música tradicional galega.

En plena despedida pero a piques de editar un disco, Leilía, desempeñou un papel fundamental na preservación das tradicións musicais galegas e en levalas a un público máis amplo desde 1989. E recuperar o patrimonio das mulleres pandereteiras de Galicia. As súas coplas e os seus costumes.

Magnífica actuación de Leilía en Negreira

E en Negreira non fallaron. Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez ofreceron unha selección do seu amplo repertorio acompañada por un trío de músicos que fixeron que o contrabaixo, gaita, guitarra e a acordeón alimentasen o cosmos musical do grupo Leilía.

Contaron coa colaboración no escenario da pandereteiras de Negreira Limagoia. Interpretaron as súas clásicas cancións cun público entregado que acabou en pé, bailando e tocando as palmas. A satisfacción xeneralizada percibíase nas caras dos asistentes.

O concerto fíxose breve a pesar de repasar moitos dos seus grandes éxitos. Cancións como
“Danza das Cortellas (Palmira)”, “Pedras contra tanques”, “Ribeirana Manuel”,“Axudádeme a cantar”,»Cinsas»,»Voces das amigas»ou «Se souberas» foron algunhas das que se escoitaron nesta magnífica velada.

Discografía de Leilía

A falta do novo lanzamento a discografía de Leilía concéntrase en cinco discos Leilía (1994), I é verdade i é mentira(1998), Madama (2003), Son de Leilía(2005) e Consentimento(2011).

Unha mostra dunha intensa traxectoria e dun traballo excelente a prol da cultura de Galicia e da conservación de moitos cantos do noso pobo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,270SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos