“As arelas de Mariña” é o novo libro da escritora natural do concello de Mazaricos, María del Carmen Rey Núñez, e que ven de ser publicado pola editorial Toxosoutos, que xa se encargou das súas dúas primeiras novelas “Escapados” e “Mulleres”.
Agora Rey Núñez lanza unha novela infantil, que ten como protagonista a Mariña unha nena “que coñece o amor dos seus proxenitores” e que era atendida por unha empregada., aínda que tiña como referente a súa avoa.
Na compaña de dona Celia, a súa tartaruga, tenta conseguir distintos obxectivos. Algúns nada sinxelos.
María del Carmen Rey Núñez aparte de escribir é unha lectora voraz desde pequena e moi vencellada ao mundo rural.