Os escoceses Red Hot Chilli Pipers autoproclámanse “a banda de gaitas máis famosa do planeta” e actuarán nun dos grandes eventos de Galicia, a 38 Festa da Carballeira de Zas.
A súa participación está prevista para o venres 11 de agosto. Nesta xornada o cartel tamén contará con The Rapants e Dios Ke Te Crew.
O sábado 12 haberá distintas citas na Carballeira de Velar coa tradicional mexilloada popular de balde, churrasco, mercado artesán, zona infantil, así como sesión vermú.
A amenización musical virá da man de Os Enxebres de Neaño, Uxía Lambona e a Banda Molona.
No elenco de artistas tamén se inclúe ao trío Caldo, Cé Orquestra Pantasma, e unha gran foliada con Churía, Os Petadores, Os Farrapos e Os Enxebres.
O grupo de música tradicional Pan sen fron será o último grupo da tarde antes de comezar cos concertos da noite.
Ruxe-Ruxe
A noite arrancará da man de Xosé Lois Romero & Aliboria, Xurxo Fernandes, Uncle Bard & the Dirty Bastards para finalizar con Ruxe Ruxe.
A venda de entradas está operativa na web https://www.festadacarballeira.com/
e tamén nas propias redes sociais da Carballeira: Facebook e Instagram.
Un ano máis, desde a organización da carballeira vaise facer unha doazón de 1€ da venta de cada abono para a Asociación Aspadex.
Haberá zona de acampada gratuita con baños e duchas. Tamén unha unha zona de gastronomía, espazo lúdico infantil, feira de artesanía e outras actividades.