O Mago Teto é un dos ilusionistas máis veteranos e populares de Galicia. Este venres 30 de xuño actuará no salón de actos da Vivenda Comunitaria (19:30h), unha actividade do verán cultural xalleiro que se enmarca dentro das Festas de San Pedro.
“Rock and Magic”
E chega con “Rock and Magic” Un espectáculo onde se mestura a maxia co rock en directo. De feito, estará acompañado pola guitarra de Mon Orencio e a batería de Fer Risco.
Entre os trucos do noso querido mago, escoitaremos composicións de Led Zeppelin, The Beatles, AC/DC ou Los Suaves. Unha velada gratuita para todos os públicos e que promete estar moi animada.
Con Manolo Escobar
Falaba o Mago Teto en Radio Xallas da súa vinculación con Santa Comba a través de diferentes shows que presentou. Precisamente a última actuación antes da pandemia foi nesta terra.“Eu en Santa Comba teño moitas historias” afirmaba este profesional.
E fai máis de dúas décadas, no verán de 2001, tamén estivo actuando nas festas de San Pedro. Naquela ocasión fíxoo no mesmo escenario e na mesma noite que ofrecía un concerto a estrela das celebracións patronais, Manolo Escobar.
Como nesta ocasión as referencias con El Combo Dominicano ou París de Noia naquel verán Escobar era un punto de atracción. E así foi.
“El era a estrela. Había moita xente”. Mago Teto lembra o trato e a amabilidade do cantante de Almería.
Podes escoitar a conversa co Mago Teto, desde o minuto 62 deste programa