8.6 C
Santa Comba
sábado, mayo 10, 2025

Alumnas do IES Terra do Xallas premiadas nun concurso de xornalismo xuvenil

Dúas alumnas do IES Terra do Xallas, Laura Calvo e Uxía Conde, resultaron premiadas no concurso “Mellor Xornalista xuvenil” do programa “Prensa Escuela” organizado polo xornal La Voz de Galicia.

Laura Calvo, alumna de primeiro de Bacharelato, acadou o segundo posto na súa categoría cun artigo de opinión sobre os ventres de alugueiro.

Pola súa banda Uxía Conde , de cuarto da ESO, recibiu o primeiro premio pola entrevista que lle realizou á súa avoa e na que falaba das penurias da súa mocidade, segundo informan desde o centro xalleiro.

Os traballos estiveron titorizados pola profesora de Lingua galega e literatura, Maricarme García Ares.

A entrega de premios celebrouse na sede do Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, en Arteixo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos