9.4 C
Santa Comba
sábado, septiembre 23, 2023

Versos atlánticos e música na fin do mundo

“Fisterras Atlánticas” é o título dun libro editado por Medulia onde se compilan poemas de autores galegos e irlandeses, nunha selección de textos en tres idiomas, coordinada por Antonio de Toro e Miguel A. Giráldez. É “unha invocación ao encontro entre poetas galegos e irlandeses en torno ao territorio excepcional da costa atlántica”.

Os coordinadores desa edición estarán xunto con varios escritores nun acto que se celebrará este sábado 10 de xuño no Bela Fisterra desde as 19,15h.

Poemas e música no Hotel Bela Fisterra

Intervirán no acto Suso de Toro, Chisco Fernández Naval, Modesto Fraga, Xosé Iglesias, Alexandre Nerium e Xosé Manuel Lema, director de Adiante Galicia.

Tamén se escoitarán os versos de Seamus Heaney, Bernard O’Donoghue e Lorna Shaughnessy.

Non faltará a música a cargo de Distrito 10. Entrada gratuita. Evento acompañado cos viños de Méndez Rojo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,831SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos