Foto- Membros de Axio Mouro nunha actuación na TVG
Este sábado celébrase o Festival Fin de Curso de Axio Mouroe a II edición da Foliada do Agro da Ponte, organizada pola comisión de festas de Alón e a entidade antes citada, coa colaboración do concello de Santa Comba.
As previsións meteorolóxicas obrigan a cambiar de localización. As actividades desenvolveranse no Recinto Feiral de Santa Comba.
Desde as 12:30h celebrarase o Festival de fin de curso da A.C. Axio Mouro. E a partir das 15:30h chegará a Foliada, con actuacións de diversos grupos de música tradicional galega, xogos tradicionais, torneo de chave, sorteos, postos de artesanía, torneo de chave, inchables de El Juguetón e non faltará a boa gastronomía (churrasco e pinchos)
Festa Rural no Busto
E o domingo 11 de xuño a localidade do Busto (Santa Sabiña) acolle a Festa do Rural. Haberá unha Ruta Cabalar (con saída ás 11 da mañá), un desfile de bertolinas (12h), un xantar popular cunha pulpeira de Melide(14,30h) e pola tarde (16,30h) xogos populares e un circuíto de bertolinas.
Tamén se organiza unha concentración de cans de caza con diferentes premios.