8.2 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

San Xoán carballés con Xoel López, Carlangas e París de Noia

O San Xoán carballés aposta por dúas referencias musicais de Galicia pero con repercusión internacional como é o caso de Xoel López e de Carlangas.

E tamén pola presenza de orquestras de renome como a París Noia ou o grupo Bomba , que comparten cartel con Última Legión, Funçao Publika. Ademais, de bandas, charangas, corais, disco móbil, gaiteiros, grupos infantís, e pinchadiscos.

A semana grande é entre o 21 e 26 de xuño pero as actividades esténdense ao longo de todo o mes.

Entre as grandes citas deste San Xoán está a noite meiga, segundo indican desde a organización “eremos unha noite de San Xoán moi especial, cunha gran sardiñada e churrascada popular, música, conxuro da queimada e unha cachela que fará historia, deseñada e construída por Maximino Pazos”.

A pregoeira deste ano é Gema Paz Bello, profesora xubilada e activista deportiva, social e cultural.

As datas das actuacións musicais

Venres 9 de xuño-

Familia Caamagno e Dios Ke te Crew
Concerto Rexenera Fest
Praza do Concello- 22H

Xoves 22 de xuño-

Orquestra París de Noia-
Praza do concello- 22H

Sábado 24 de xuño

Concerto de Xoel López – 23,00
Grupo Bomba – 00.30
Praza do concello

Domingo 25 de xuño

Orquesta Última Legión – 20,30h
Carlangas- 22,30h
Praza do concello

Luns 26 de xuño

Orquestra Funçao Públika
Praza do concello 21,30h.

Sábado 1 de xullo

Festival ROCKIN´

Sesión vermú con Crudo Pimento e Al Dual-13,00
The futura exmujer, To-xo, Las Odio, The Brosas, Niña Coyote Eta, Chico Tornado e Guadalupe Plata
19.00 h – Rego da Balsa

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos