10.5 C
Santa Comba
lunes, abril 1, 2024

Paco del Riego, motor do galeguismo

FRANCISCO FERNANDEZ DEL RIEGO, VIDA E OBRA DUN OBREIRO DO GALEGUISMO DE RAMÓN NICOLÁS

Francisco Fernandez del Riego, vida e obra dun obreiro do galeguismo de Ramón Nicolás (Xerais 2022) é unha biografía divulgativa sobre Paco Fernández del Riego, autor das letras galegas 2023. Según o editor é un libro para entender que sucedeu no galeguismo e na cultura galega do século XX.

A historia dunha persoa honesta e comprometida. E non podemos de deixalo sen razón, porque Paco del Riego pasou con protagonismo polos centros da cultura galega do seu tempo e, como indiquei noutra crónica e téndome de testemuña, estivo sempre aberto a novidades e a apoiar aos mais novos.

E este libro tamén está aberto aos novos, escolares, e aos que se achegen ao autor co gallo do seu día. Lévamos desde o berce ata os recoñecementos póstumos e fai un repaso a súa obra, sobre todo de ensaio e memoria.

En Vilanova de Lourenzá nace Francisco Fernández del Riego, o 7 de xaneiro de 1913. Vemos que de neno, Del Riego xa era moi afeccionado á lectura, debruzándose nos contos da editorial de José María Calleja e outros autores como os irmáns Grimm, Swift, Twain, Salgari ou Jules Verne. A República levouno a entrar na causa galeguista. Sendo estudante da Universidade de Santiago de Compostela colle a dirección da revista Universitarios e apoia á FUE .

Tras licenciarse, accede á docencia de Dereito Civil e actúa como secretario do galeguismo compostelán asumindo a secretaría xeral da Federación de Mocedades. Igualmente, ostenta a secretaría técnica do Comité de Organización da Asemblea de Concellos no seo do cal se redactaría o proxecto do Estatuto.

Partido Galeguista

Dentro do Partido Galeguista, comparte encontros cos principais membros do galeguismo. Participa no Galeuzca (1935), para articular alianzas con outras forzas nacionalista, coma a xestación da Asociación de Escritores Galegos.

Cando se produce o golpe de Estado en xullo de 1936 agóchase, sufre represalias. O Tribunal de Responsabilidades Políticas sanciónao co impedimento para exercer cargos públicos e imponlle unha multa de 3000 pesetas por ser dirixente da FUE, membro destacado do Partido Galeguista e propagandista na campaña pro-Estatuto.

Co tempo incorpórase como profesor no colexio Labor de Vigo e publica artigos na prensa local viguesa e noutras cabeceiras empregando o pseudónimo de Salvador Lorenzana, que alterna con outros como S. L., Cosme Barreiros, Alevín, Adrián Solovio, Ronsel ou Adrián Soutelo. En 1949 publica o seu primeiro libro, «Cos ollos do noso esprito», editado pola Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires.

Emisións BBC Londres

Coordina as emisións en lingua galega da BBC de Londres e comeza a colaborar no xornal compostelán La Noche, do que temos falado polo seu notorio suplemento de carácter cultural. En Santiago, en xullo de 1950, é elixido secretario da nova editorial Galaxia, un fito das nosas letras, nunha xunta directiva presidida por Ramón Otero Pedrayo. Con Ramón Piñeiro comeza a traballar na Colección Grial. Acomete a codirección, tamén xunto con Ramón Piñeiro desde 1963 ata 1988, de «Grial. Revista Galega de Cultura».

Son algúns dos marcos deste home senlleiro que Ramón Nicolás nos entrega con maior acopio de páxinas adicadas a súa fecunda etapa viguesa, como «motor do galeguismo» (1919-2010), na reconstrución do galeguismo, a reactivación da Real Academia Galega e o final da longa noite de pedra coas normas ortográficas e a autonomía.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos