14 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Rafael Lema, autor da semana da AELG

No Facebook da asociación de escritores en lingua galega AELG divulgan cada semana un/ha autor/a, cunha ligazón que leva ao seu espazo no Centro de Documentación da AELG, con reportaxes fotográficas e entrevistas ao escritor. Esta semana o autor referenciado é Rafael Lema, de Ponte do Porto-Camariñas.

Autor premiado

Ademáis de varios premios a nivel nacional como investigador do patrimonio marítimo, como poeta gañou os premios Espiral Maior, Concello de Carral, Ardeiro e o accésit do Esquío no ano 2000 e 2005. Ten 22 libros publicados, a metade en lingua galega.

Entre as súas obras en galego destacan: Novelas: Flores Negras, Capitán Araña (ambas en Sotelo Blanco). Mareas Negras, O Club do Corvo Mariño (ambas en Edelvives). En poesía: Cemiterio das Gaivotas, Atlántida (ambas en Espiral Maior). Luces de N. Y. E Sete vagas ( colección Esquío de poesía), ou Alturas do Monte Pindo (Ardeiro. Concello de Negreira). O ano pasado reeditou a novela xuvenil Flores Negras.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos