15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

A Galicia evocada de Paco Fernández del Riego

Coñecín a Paco Fernández del Riego tras a publicación da miña primeira novela, Flores Negras, en Sotelo Blanco no 1998. Ao recibir a miña obra contestoume cunha carta manuscrita coa súa crítica que demostraba a calidade humana da persona e a súa ansia de querer descubrir novos autores e novas narrativas.

A curiosidade do sabio e a grandeza do mestre que se baixa a ler e contestar a un recén chegado, que lle mostra ademáis unha narrativa e uns personaxes moi afastados da súa tradición.

E por iso mesmo, el é o agradecido pola achega e o que agasalla cunha lectura e análise cheo de afecto. Son estes detalles os que marcan certos caracteres, un carisma repetido en moitos altos nomes do noso galeguismo culto e dialogante doutros tempos. Uns homes que se xogaron a vida nun mundo moito máis violento e ruín.

En 1994 presentábase a primeira edición dun libro de viaxes pola nosa xeografía do ilustre intelectual galeguista e agora a iniciativa de Edicións Xerais, reedítase recuperando o texto orixinal con ilustracións e fotografías. Falo de Galicia de Francisco Fernández del Riego (Xerais, 2023).

Ramón Sanfiz o «guía»

Como disculpa literaria, Fernández del Riego, tan amigo dos heterónimos (a veces por necesidade de ocultación) escolle un álter ego (Ramón Sanfiz) para servir de guía a tres visitantes bretóns –Jean e Marguerite Mauron e o historiador Pierre Mansour– aos que leva de roteiro por unha Galicia fotoxénica, co tempo (tamén e en boa parte no tempo democrático) deslabazada en aras ao progreso inculto (por usar unha forma lene).

Por esa terra que o narrador oculto no nome do guía recorreu de mozo, cando era un safari a derrota polos camiños-estradas do país. Hai moito do Seminario de Estudos Galegos e os seus roteiros dos anos trinta, tamén apropiación doutros grandes camiñantes, evocacións en distintas etapas vitais conformando doce viaxes.

Recolllendo notas, artículos vellos, memorias compartidas vai xuntando o mestre desde o Eo ao Miño e ata os Ancares outro xeito de cartafol de viaxeiro que bebe no Cela que antes sementou mestría do Eo ao Bidasoa e outras moitas camiñatas. Sí, Cela (con perdón da grei dos pegureiros) anda máis a sombra desta obra que outros mentores.

Excursións polas arterias de Galicia

Aqueles mozos galeguistas non podían falar dunha terra da que non sabían, e así organizaban excursións a comarcas significativas. Dese pouso e doutras visitas a lugares emblemáticos, portos de montaña e de costa, lugares de significada nombradía histórica ou simbólica, sae este libro de viaxes interiores. Polas arterias do país e por un mesmo.

Un libro de peregrinacións, pausadas nas ruadas urbanas e nas citas, mais lixeiro apurando os carreiros sen asfaltar ata a época yeye que contornean as saias das rías para cehagar a enclaves-iconas. Longas etapas en auto que precisan da parada en pousada ou venta con catre no tempo da súa memoria, como o que fai a Costa da Morte vindo desde o Eume con remate en San Martiño de Ozón. Lugar que só deixaría de marco limiar un camiñante de longos recorridos e lecturas, tocado no seu día por un descubrimento que non sae nas guías, e non pagan os de turno cos nosos cartos.

castelo-vimianzo

Viaxe por Bergantiños e Nemancos

Deixa o seo de Corcubión coas Rías Baixas, evidente terra sur fisterrán. A viaxe por Bergantiños e Nemancos é brincadeira con pequenos apuntes necesarios (Alfredo Brañas, Pondal, oleiros, palilleiras).

Unha visita de preguerra, moito antes da desfeita urbana; coas vilas a todo ver, as chairas e os outeiros inflamados polo roibén, mollados con agarimo. Malpica é un portiño pintoresco e Carballo un arrabalde do cemiterio vello. Para qué renunciar aos seus anos a esa imaxe idílica, ás fotos en branco e negro do corazón, pola evidente degradación do presente! Non é unha guía turística é unha viaxe da alma, unha necesidade vital, un exercicio de amor recollendo toda a patria nun traballo cando o tempo do presente é curto e non se pode recorrer fisicamente o que se ama. Dombate, Nosa Señora da Barca (con Lorca e Rosalía), o castelo de Vimianzo, Moraime. Aínda cita a existencia do castelo de Camariñas, derrubado nos anos corenta.

Dinos o mestre: «Representa esta terra unha Galicia de paisaxe austera, baril, dramática. Domina nela máis o páramo co val. A costa pelada que dá a ría. A montaña espida e a cuberta de mesto arboredo». Voan os paxaros de Pondal: o corvo, a gaivota, o falcón e a anduriña viaxeira.

Da fortaleza de Vimianzo os viaxeiros van na procura do río do Porto: «Pasan agora os viaxeiros pola Ponte do Porto, rente da enseada de Camariñas. É Camariñas unha pequena vila na abra da cal desauga o río do Porto, suave e breve. Compón coa península de Muxía, A Buitra, o avanzado Touriñán e o grave e olímpico monte Pindo cara ao sur un escenario de singular grandeza».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos