12.8 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Entroido da Irmandade Galega na Suíza a ritmo de Olympus e DJ Rokiño

O vindeiro sábado 4 de marzo en Xenebra celébrase o Entroido organizado pola Irmandade Galega na Suíza, que festexa o seu 50 aniversario por todo o alto e con dúas atraccións de referencia, a orquestra Olympus e DJ Rokiño, que acaba de lanzar o seu novo tema “Coa que traio”.

Temos que armar o maior entroido xamás visto en Xenebra !

O evento terá como marco da sala Palladium de Xenebra. Haberá concurso de disfraces. Desde a organización animan a participar e non ocultan a súa ilusión:Temos que armar o maior entroido xamás visto en Xenebra!.

Hai dúas modalidades de entradas. Entrada coa cea incluida (preparada polo restaurante do Cerceda), cun prezo de 65 euros e un menú composto por empanada, ensaladilla rusa, carne asada con patacas ao forno, tarta de queixo e café, e disposición da mesa durante toda a velada. Xa están as entradas esgotadas con centos de reservas formalizadas.

Pero existe a posibilidade de asistir á festa cunha entrada de 25 euros.A apertura de portas está prevista para as 19h. Media hora despois comezará a cea. E as actuacións ás 21,30h.

Contan co apoio da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Estrella Galicia e o C.D. Cerceda de Xenebra.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos