9.8 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Rafael Lema, na galería de fotos da AELG

A web da AELG (asociación de escritores en lingua galega) ven de publicar un arquivo de fotos e videos do escritor de Ponte do Porto Rafael Lema. A fototeca e a gravación dos videos foron feitos por Distrito Xermar na biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela.

Na páxina adicada ao autor pode verse unha autobiografía e a lista da súa obra en galego. Nas entrevistas o autor fala da orixe da súa vocación literaria, dos referentes e as lecturas que alimentan a súa obra. Recita dous poemas; un do seu libro Cemiterio das gaivotas e outro (Val de Traba) da obra de Manuel Rivas A boca da terra.

O autor destacou que «a vocación por escribir ven de ser un bo lector desde neno; estar rodeado de libros pero tamén ter afeción polos xornais, as revistas e os tebeos, o cine, por escoitar historias». Os seus inicios foron na poesía e logo pasou a novela xuvenil, sempre en galego. Nos últimos anos levou a cabo unha importante tarefa no eido da investigación etnográfica e na crónica marítima.

Ademáis de varios premios a nivel nacional internacional como investigador do patrimonio marítimo; como poeta gañou os premios Espiral Maior, Concello de Carral, Ardeiro, e o accésit do Esquío no ano 2000 e 2005. Foi dúas veces finalista do Martín Sarmiento de novela xuvenil. Ten 22 libros publicados, entre novelas, poesía, e ensaio; deles a metade en galego. Tamén publicou en castelán, italiano e francés.

Entre as súas obras en galego destacan:

Novelas: Flores Negras, Capitán Araña (ambas en Sotelo Blanco). Mareas Negras, O Club do Corvo Mariño, U 49, O tesouro da corsaria, (en Edelvives).

En poesía: Cemiterio das Gaivotas, Atlántida (ambas en Espiral Maior). Luces de N. Y. e Sete vagas (colección Esquío de poesía). Costa da Morte e Os versos do último torreiro (Ced Blas Espín). Alturas do monte Pindo (Concello Negreira).

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos