16.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Un ano máis, o marca-páxinas da Biblioteca de Cee

A Biblioteca pública Municipal «Francisco Mayán» do Concello de Cee volve a repartir o seu marca-páxinas como xa é tradición nos últimos dezaoito anos.

O deseño elixido é autoría de Antón Sambade Vázquez,añador do XVIII Concurso «En busca do noso marca-páxinas» e leva por título “Ler, ler e ler é meu superpoder» .

Este marca-páxinas ten unha tirada de 2.500 e conta co patrocinio de Imprenta Paco de Cee.

Segundo informan desde a Biblioteca ceense “a entrega deste pequeno agasallo faise para agradecer a participación do alumnado, dos distintos centros educativos, nos diferentes concursos convocados pola Biblioteca Pública Municipal «Francisco Mayán» do Concello de Cee, mostrando o traballo gañador e lembrando co calendario que no próximo ano teñen unha cita coa Biblioteca e os seus concursos, e tódolos días do ano cos seus libros”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos