13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Luzes leva a portada a relación entre Frida e Finisterre

Luzes a veterana revista cultural que coordinan nesta nova andaina Claudia Morán e Manuel Rivas acaba de sacar no seu último número (nº 109) na semana do Día dos Defuntos un artículo de Rafael Lema sobre a relación amorosa entre Alejandro Finisterre e Frida Kahlo. A reportaxe é a parte central do número do mes e ocupa a portada da revista, unha preciosa foto dun vello futbolín, cun boneco de ferro lucindo unha máscara do Día dos Mortos mexicano.

Faise eco a prestixiosa revista dos traballos que vimos facendo con documentación inédita do arquivo A.P. neste medio sobre a intensa relación de oito anos entre o gran editor e inventor galego e a célebre pintora de Coyoacán, que segue sendo obxecto de exposicións en todo o mundo. Ten neste intre dúas importantes mostras en París e en Bos Aires. Na capital porteña xa se pode ver o cadro «Diego y yo» (1949) aquirido pola colección Malba, un evento onde estivo presente a nosa seguidora Gladys Rodríguez. Por outra banda a asociación galaico mexicana Chichenitzá con sede en Vigo felicitou a Adiante Diario polo seu traballo de investigación sobre Alejandro e Frida.

Recorda Rafael Lema neste novo traballo «hai dous anos recibimos na redacción da web Adiante Galicia unha serie de correos con información sobre a etapa mexicana do editor e inventor galego Alejandro Finisterre.

A documentación orixinal fora entregada polo propio Finisterre a un amigo, veciño de México D.F., que desexa permanecer no anonimato e responde baixo as iniciais A.P.» «Unha sección importante deste legado falábanos da relación amorosa descoñecida entre a pintora mexicana Frida Kahlo e A.F.

Conforman un amplo conxunto de obxectos persoais, artísticos, cadernos e cartas, enviados por Frida a Alejandro na primavera de 1954″ informa Lema. Son o descubrimento dun gran amor secreto que vai desde agosto do 1948 ata xuño de 1954, un mes antes da morte da artista. Pero ademáis, en 352 páxinas de textos e debuxos inéditos a artista fala doutros amantes e doutras circunstancias vitais, polo tanto estamos ante un conxunto único, o máis importante da biografia de Frida neste século.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos