O auditorio do Multiusos xalleiro acolle, desde este venres 4 de novembro, un ciclo de teatro organizado polo departamento de cultura do concello de Santa Comba.
A primeira función poderá verse desde as 21:30 este vindeiro venres. Será “A Familia Real” representada por Aporía Teatro e Olivas Negras baixo a dirección de Diana Mera. Función para todos os públicos.
“A lingua das bolboretas”
O venres 18 de novembro chegará “A lingua das bolboretas”, unha obra escrita por Manuel Rivas e dirixida por Gonçalo Guerreiro para a compañía Sarabela Teatro. O elenco conta con Elena Seijo, Josito Porto, César Goldi, Fernando Dacosta, Fran Lareu, Sabela Gago e Fina Calleja.
“Chola, a it girl”
O ciclo de teatro xalleiro rematará o 28 de novembro coa representación de “Chola, a it girl” da compañía Artesa Cía e protagonizada por Isabel Villaverde, que fai o papel dunha “youtubeira” rural.
Estas dúas últimas funcións comezarán ás 22h e están dirixidas a público adulto.