7.5 C
Santa Comba
domingo, marzo 24, 2024

Fede Pérez e Santi Romay presentan «O Montacargas» en Mazaricos

O vindeiro sábado, 15 de outubro, a Casa de Cultura da Picota (Mazaricos) acolle a representación da obra de teatro ‘O Montacargas’, escrita por Harold Pinter. O actor mazaricán Federico Pérez trae ao seu concello de orixe, xunto ao seu compañeiro Santi Romay, unha historia que segundo o dramaturgo estadounidense Harold Clurman se move “a metade de camiño entre o humor e o horror”. Será ás 10 da noite e con entrada libre, sen necesidade de reserva previa.


Escrita nun único acto por Harold Pinter en 1957, a obra ‘O Montacargas’ foi enmarcada polo teórico Martin Esslin dentro da corrente dramática «Teatro do Absurdo». Nela coñecemos a historia de Ben e Gus, dous homes pechados nun cuarto miserablemente amoblado que comparten unha conversa intranscendente. Os diálogos permítennos intuír que se trata de dous asasinos a soldo que agardan instrucións. A través dun montacargas situado no cuarto van chegándolles misteriosas mensaxes. A futura vítima parece estar a piques de chegar.


‘O Montacargas’ é un espectáculo da compañía Ainée Produccións & Acusmaser Opus. A función en Mazaricos está organizada pola Concellería de Cultura do Concello e mais a Rede Cultural da Deputación da Coruña.


Federico Pérez (Alemaña, 1976) é un rostro moi coñecido na escena e na pantalla galegas. Ademais de na aclamada ‘Cuñados’, a súa máis recente película, ten colaborado en producións da TVG como ‘Padre Casares’ ou ‘Matalobos’, ademais de ser guionista noutras tan recordadas como ‘As leis de Celavella’ ou ‘Terra de Miranda’. No teatro ten no seu haber representacións como ‘Ración de Breogán’ ou ‘O florido pénsil’.


Santi Romay (Malpica de Bergantiños, 1983) ten participado en clásicos da pequena pantalla como ‘Mareas vivas’, ‘Matalobos’, ‘Fariña’ ou a produción galego-portuguesa ‘Auga seca’. Sobre as táboas representou obras como ‘Un país de comedia’ ou ‘Yepeto’.

Nota de prensa Concello de Mazaricos

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos