24.9 C
Santa Comba
viernes, junio 20, 2025

Feros Corvos ofrece un intenso mes de setembro cultural en Santa Comba

Fotos- Concello de Santa Comba

O Festival Feros Corvos do son e da palabra ofrece un atractivo calendario de actividades para este mes de setembro, despois das catro citas que se desenvolveron en Santa Comba.

A última foi unha conferencia do presidente da Asociación Shikoku Henro Tomonokai (ruta de peregrinaxe xaponesa irmandada ó Camiño de Santiago), Hirofumi Matsuoka.

María Ramos, Noriko Fukushima e Haruna Takebe

Este sábado 3 de setembro a deseñadora de tipografía María Ramos impartirá unha conferencia titulada “Tipografía, a forma da palabra”, a partir das seis da tarde na casa da cultura.

Ao día seguinte, domingo, na Biblioteca municipal terá lugar un recital poético musical con Noriko Fukushima e Haruna Takebe ó son do piano. As dúas citas serán as 18h.

Outras citas de Feros Corvos

O sábado, 10 de setembro, desde as seis tarde e na casa da cultura, a lingüista María do Carme Parafita disertará sobre “A mente multilingüe” e o domingo no mesmo lugar, pero á unha da tarde, a crítica literaria Teresa Seara impartirá unha charla baixo o título de Os feros corvos do Batallón Literario da Costa da Morte.

Ese mesmo día, o dómingo, 11 de setembro, a partir das seis da tarde, a cultura trasládase á vivenda sociocomunitaria con un recital moi atractivo de Manuel Rivas e Vertixe Sonora Ensemble titulado “En salvaxe compaña”, dirixido por Nacho de Paz e coa participación da mezzosoprano Fredrika Brillembourg,

Este ciclo cultural continúa na capital xalleira o sábado, 17 de setembro, coa intervención da poeta Yolanda Castaño e Carlos Méndez ó contrabaixo, quenes protagonizarán un recital poético musical a partir das seis da tarde na Casa do Pozo. H

O remate do festival Feros Corvos chega o domingo, 18 de setembro, ás seis da tarde na biblioteca municipal, con un recital poético musical que contará coa voz de Ismael Ramos e a interpretación ó piano de David Durán.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,180SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos