O mestre gaiteiro Pablo Seoane Méndez maila súa dona, María Mayo Pais, participaron nunhas xornadas sobre Galicia desenvolvidas na Universidade de Verán de Kemper en colaboración co Festival de Cornualle.
Seoane centrou a súa disertación no apartado musical, levando consigo unha gaita feita por José Anido Anido. Un xalleiro que, como lembra o investigador Jorge Castelo, era natural de Boaña de Arriba(Castriz), nacendo no 1927 e falecendo no 2004.Unha “gaita de Anido” soou na Bretaña francesa.
Contaba María Mourelle Martínez, que foi por este gaiteiro como empezou o seu idilio coa pandeireta:“O meu primo Anido tocaba a gaita galega. E un día díxome, toma esta pandeireta e toca aquí comigo. E así fun aprendendo”.
En Radio Xallas
Nunha entrevista en Radio Xallas (escoita neste enlace desde o minuto 61), Pablo Seoane falou da súa experiencia en Kemper (Quimper) : ”Fomos falar sobre o traxe, os bailes , as gaitas e todo o relacionado coa tradición galega. A xente bretona e moi curiosa con respecto á cultura de Galicia. “Expliqueille como son as nosas gaitas, que tipos de gaitas e dixitacións temos, sobre o repertorio. Tamén faleilles de como son as estruturas dos bailes e que tipos temos, ….”
Pola súa banda, María Mayo, achegou os seus coñecementos sobre o traxe galego con distintas mostras que se puideron ver “in situ”.
Non tardará moitos días en volver a esta rexión, xa para acudir ao Festival de Lorient. Nesta ocasión, Pablo Seoane, que colabora coa organización, co orgullo de ver como o seu pupilo e gaiteiro Jorge Castelo Mourelle concursará no prestixioso “Torneo MacCrimmon”.