Os Feros Corvos do son e da palabra seguen enchendo as terras xalleiras de actividade musical e cultural. Despois do concerto de Mercedes Hernández e Fernando Reyes na capela de Rubín e das “Sonoras Promesas” que actuaron na biblioteca xalleira, o pasado sábado o escenario foi a centenaria capela de Santa Catalina que se impregnou da música do Cuarteto Novecento.
O programa “Feros Corvos” terá unha cita o sábado 6 de agosto. Na Casa da Cultura. Ás 20h. O presidente da asociación Shikokuhenro Tomonokai, Hirofumi Matsuoka, falará sobre a ruta de peregrinaxe xaponesa irmandada co Camiño de Santiago.
As seguintes citas serán para setembro. Partillamos o calendario de actividades organizada polo Ateneo Xalleiro, co apoio do concello de Santa Comba, a Xunta de Galicia a través do Xacobeo 21-22 e a Japan Foundation. Fotos- Concello de Santa Comba
FEROS CORVOS 2022
Sábado 4 de setembro- Casa da Cultura- 18h
Conferencia de María Ramos: ”Tipografía, a forma da palabra”.
Domingo 4 de setembro- Biblioteca municipal- 18h
Recital- Noriko Fukushima & Haruna Takebe, piano.
Sábado 10 de setembro- Casa da Cultura- 18h.
Conferencia- María Carme Parafita: “A mente multilingüe”.
Domingo 11 de setembro-
Casa da Cultura- 13h
Conferencia – Teresa Seara – “Os feros corovs do Batallón Literario da Costa da Morte”.
Vivenda Sociocomunitaria- 18h
Recital- Manuel Rivas & Vertixe Sonora Ensemble:“En
Salvaxe compaña”.
Sábado 17 de setembro – Casa do Pozo 18h
Recital- Yolanda Castaño & Carlos Méndez, contrabaixo.