15.2 C
Santa Comba
domingo, julio 3, 2022

Tanxugueiras lanza novo disco

O terceiro disco de Tanxugueiras xa ten data, o venres 29 de xullo

O novo disco de Tanxugueiras xa está dispoñible en prevenda. Outra data significativa para as fans do grupo será o venres 24 de xuño, na noite máxica de San Xoán. Esa noite (00.00 horas) publicarán o seu novo sinxelo, “Seghadoras”.


Xa avanzaron temas como “Terra”, “Figa”, “Midas” ou “Pano Corado” e en breve xa poderemos coñecer a obra ao completo. A presentación oficial en directo será o sábado 6 de agosto no SonRías Baixas(Bueu).

Disco de Tanxugueiras


«Non temos a portada, non temos o nome do disco e, como sigamos así, non imos ter vergoña. Pero se cres que somos un investimento máis seguro que as criptomoedas, xa podes apoiarnos coa prevenda do disco» afirman Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro.

Ata crearon , a Plataforma de Afectadxs polo Novo álbum de Tanxugueiras, non sen retranca. Toda a información está no seu espazo web. Podes comprar en prevenda o disco de Tanxugueiras aquí.

Foto portada- Rocío Cibes

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
461SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos