Alexandra Carrera debutou con cinco anos nun programa televisivo, e aínda non cumpriu os 30, e xa acumula unha experiencia moi importante en concursos de TV, en orquestras como Suavecito, Gran Parada o Televisión, en grupos de Gospel, protagonizando unha Ópera Rock, etc. Unha das grandes voces da verbena de Galicia.
Agora forma parte do novo proxecto da Orquesta Pontevedra: “Estamos moi contentos. Foi toda unha aventura porque é unha formación nova, feita de cero. Cambiou de dirección e é todo xente nova que está con moita ilusión, moi rollo e funciona moi ben”.
De todo isto falou no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas: ”Non podes contentar a todo o mundo pero o importante é a actitude que teñas no escenario. Se ti o crees e sabes vender o produto a xente vaino a comprar”.
A Orquesta Pontevedra actuará o sábado 2 de xullo nas Festas de San Pedro de Santa Comba. Encargaranse da sesión vermú e compartirán verbena coa Orquesta Panorama.
Neste programa de Na Encrucillada falaron Rafa Pérez e Chema Mourelle da comisión xalleira (desde o minuto 21) e Alexandra Carrera (minuto 62)- ENLACE AUDIO