Xabier Díaz non se esquece da súa amiga e informante Concepción Mouro. Xa a lembrou, hai unha semanas, nunha entrevista en Radio Xallas asegurando que “Concepción é un faro”.
E este domingo na súa actuación como broche ás actividades do “ Muuuuita Festa”, fixo subir a Concepción Mouro ao escenario. Entregoulle un ramo de flores, convidouna a cantar e dedicoulle bonitas palabras.
“Sempre tivo unha maneira de cantar marabillosamente doce. Foi para min unha mestra entre as mestras. Lévoa conmigo sempre no corazón e nas cancións” afirmou Díaz, agradecendo a labor desta veciña de San Salvador:”Grazas polo maxisterio, pola cátedra e polo amor pola música do país”.
O músico tamén tivo un recoñecemento para outra pandereteira, María Mourelle Martínez. Partillamos estas imaxes do momento tan emotivo.